Obxectivos

Mar de Fábula é unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxectivo limpar a mar.

Para este fin, a asociación promoverá a recollida e retirada de todos os refugallos sólidos depositados na beiramar xa sexa polos temporais, polas correntes mariñas ou polos verquidos procedentes de terra, para evitar que volten á mar.

Este traballo será feito arreo todo ao longo do ano.

O meirande volume dos refugallos sólidos que contaminan a mar e o ecosistema mariño son materiais plásticos en todas as súas formas e tamaños. A medida que aumenta a súa degradación mecánica, os plásticos rómpense en anacos cada vez máis pequenos, facendo máis difícil ou imposible a súa recollida manual e facendo máis grande o seu impacto negativo no medio mariño.

Dende xa hai anos, moitas organizacións limpan de forma manual as costas dun número crecente de países nos cinco continentes. Mar de Fábula quere ser unha peza máis dentro desta maquinaria global que traballa para preservar a saúde dos océanos.

O eido de traballo da asociación cubrirá todo o litoral de Galicia pero nunha primeira fase, os traballos de limpeza se concentrarán nos areais e coídos da Costa da Morte.

No proceso de concienciación da ciudadanía, queremos transmitir a necesidade de asumir cada un de nos sin máis demora, unha postura activa na conservación da mar e do medioambiente mariño.

Manteremos contacto e cooperación con outras organizacións que teñan os mesmos obxetivos, tanto a nivel internacional como das comunidades autónomas costeiras de Estado Español e Portugal, a fin de conseguir no futuro unha acción conxunta para a limpeza da mar que baña as costas da Península Ibérica.

Para chamar a atención da ciudadanía de cara a estos obxetivos, a asociación Mar de Fábula organizará obradoiros de creación artística e artesanal en base á reutilización dos materiais plásticos seleccionados dos enormes volumes que, previsiblemente, chegaremos a almacenar nas nosas instalacións.

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información