Un cambio de mentalidade

O 60% da poboación mundial vive a carón da mar nos cinco continentes. A mar, orixe da vida e principal fonte de recursos da humanidade, está a sofrer as consecuencias dunha visión antiga de que non ten límite, de que é un saco sen fondo, de que a mar pode aturar todo. Como din os mariñeiros no Gran Sol, a mar é o PAÑOL GRANDE. Pero non é así. A contaminación que sofren os océanos polos verquidos incontrolados e pola presencia masiva dos refugallos plásticos nas suas augas fai que o deterioro do ecosistema mariño sexa dende hai tempo unha preocupación para os principais organismos a nivel mundial.

Temos que deixar atrás a mentalidade individualista de que eu son feliz na miña casa, no meu xardín ou na miña leira e xa se acabóu. O noso benestar depende cada vez máis das accións dos demáis. A terra firme ten o seu territorio totalmente acotado xa polas propiedades privadas de toda caste. Eiquí o cidadán común ten poucas posibilidades de actuación e as que ten véñenlle xa fixadas.

Pero a mar é de todos nos. A mar é a nosa casa e o ecositema mariño que lle rodea son o seu xardín e a sua leira que son tamén de todos nos. Conservar o seu estado natural e preservala de todas as agresións e contaminacións que sofre, será a úneca maneira de poñernos no camiño cara a ese estado de benestar e felicidade que todo individuo e colectividade ansía.

Compre pois, cambiar a mentalidade da mar como PAÑOL GRANDE polo concepto da mar como CASA COMÚN. O seu futuro e o futuro de todos nos está nas nosas mans.

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información