Todo vai ao PAÑOL GRANDE. As súas portas, sempre abertas, acollen sen atrancos todas as cousas que usamos e tiramos.
Os materiais de plástico teñen unha presencia masiva nos areais e coídos da Costa da Morte: Bolsas, envases e botellas de plástico aniñan nas praias e dunas de Mar de Fora. O Rostro, Nemiña, Reira, O Trece, Traba, Soesto, Razo, Baldaio, Barrañán.........
Ás veces, despóis de tomar un descanso na fermosa enseada do Trece, xunto ao Cemiterio dos Ingleses, as botellas de plástico collen novos folgos e empuxadas polos ventos dos Oestes, voan coma paxaros de pet, cara enriba do Monte Branco, baixo o ollo vixiante do Cabo Vilán.
Pero tamén vidros, latas, porexpan, trapos, neumáticos, aparellos de pesca, chicotes, cabos, maromas, chanclas, lubas e botas de goma infortunadamente desaparelladas.........
UN OCEANO DE LIXO NA MAR
LIXO NON DEGRADABLE
O PAÑOL GRANDE ATURA TODO.