Folla de ruta

Todas as accións xiran arredor do proxecto de dispoñer a curto plazo de duas instalacións situadas, unha na zona de Camelle / Arou e outra na zona de Arteixo, coa fin de proceder nas mesmas ao almacenamento e clasificación dos materiais plásticos retirados da beiramar. Desde estas instalacións cubriríase, nunha primeira fase, o litoral da Costa da Morte, desde o Cabo Fisterra á Coruña.

Os traballos de limpeza na costa serán realizados seguindo un plan de actuación que incluiría os seguintes pasos: inspección visual do lugar, recollida dos plásticos, transporte, almacenaxe e clasificación dos materiais.

Os refugallos plásticos terán tres destinos claramente diferenciados:

  • Traballos de creación artística e artesanal con exposición permanente.
  • Plásticos recuperables para a súa reciclaxe industrial.
  • Restos contaminados por aceites, pinturas, graxas, chapapotes e areas, ben aillados ou enredados con madeiros, aparellos, tecidos e plásticos desgarrados, verdadeiras píldoras nocivas para o ecosistema mariño, de difícil catalogación, imposible recuperación e necesario seguimento na súa problemática destrucción.

Investigar sobre a procedencia dos residuos plásticos, ben con orixe nos verquidos de terra ou dos barcos. Estudar en que maneira as correntes mariñas e os ventos predominantes inciden nunha meirande concentración dos refugallos plásticos en determinadas zonas da costa.

Seguramente ten unha incidencia considerable e aínda descoñecida na presencia de lixo mariño no noso litoral o feito de discurrir por diante das costas de Galicia unha das rutas marítimas máis conxestionadas do mundo: o Corredor Marítimo de Fisterra. Este corredor, é navegado por máis de 40.000 barcos ao ano, entre eles, un número crecente de grandes cruceiros de turistas, verdadeiras cidades flotantes, de difícil control no cumprimento dos convenios internacionais para a prevención da contaminación dos plásticos na mar (MARPOL V).

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información