Ás veces, a mar, na espera do momento oportuno para nos facer unha nova entrega, entretense moldeando pezas de plástico, madeiros á deriva e incluso ferros, vellas estachas de ferro que nun tempo remolcaron buques e hoxe, desfeitos os seu aramios coma garras, loitan por atrapar un tempo fuxidío....
Entón chegamos nós, poñemos o último detalle e apropiámonos da obra.