Coleccións

Unhas veces a colleita é máis abundante e sorprendente que outras.

A diversidade dos materiais que nos devolve a mar ten unha xusta correspondencia coa sociedade actual de frenético consumo onde todo se busca e se atopa, todo se compra e todo se abandona, deixando na mar a súa pegada.

E o lixo mariño, nos seus compoñentes, vai tomando diferentes vieiros de creación artística, cada un deles provisto da súa propia linguaxe, pero todos eles poñendo en evidencia a irracionalidade do noso trato coa mar.

 

O telón de fondo do lixo mariño son os chicotes, anacos de corda plástica de todas as cores aínda que a verde, en todas as súas tonalidades, é a que manda con…

Ás veces, a mar, na espera do momento oportuno para nos facer unha nova entrega, entretense moldeando pezas de plástico, madeiros á deriva e incluso ferros, vellas estachas de fer…

As caras da contaminación. As feas caras da contaminación pero abraiadas tamén. Todas elas teñen como unha expresión de interrogante, de desconcerto. Saben que no…

Elas saben que en circunstancias normais, non deberan de existir. Ven sendo como escribir de novo a historia da ciencia pero ao revés. É como se non fora aínda superada a antiga t…

Trátase de recuperar en obradoiros abertos a todos, o antigo costume entre a xente mariñeira, de reutilizar toda unha serie de crebantes e restos de aparellos de pesca, dando forma a maq…

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información