Blog

"Navegando augas arriba do lixo plástico no mar". Square, Espazo Cultural, A Coruña. O día despois. 01/06/2017

01/06/2017

Navegando augas arriba do lixo plástico no mar. O día despois.

 

Foi unha reunión intensa, ben gobernada polo moderador e curta no tempo fixado para o moito que todos queríamos decir.

Empezou Xosé Manuel Barros aportando datos da contaminación do lixo plástico nos océanos, no litoral de Galicia en particular e do proceso que Mar de Fábula seguiu para levar adiante a súa campaña “ A túa casa non queda tan lonxe do mar”.

Carlos Lamora, Director Xeral da Edar de Bens , de maneira esquemática, explicou os procesos de depuración das augas e facilitou a cifra de 250.000 euros de coste anual polos atascos provocados polos refugallos sólidos que chegan á planta.

José Carlos Rubio, Director Comercial Nacional de Valoriza, explicou os seus procedemos de traballo en xeral, a nivel de Galicia en particular e facilitou a cifra de 200 millóns de euros de costes para resolver os atascos nas redes de saneamento a nivel de España.

Pedro Fernández, Presidente da AA:VV: da Cidade Vella, comentou a súa preocupación e seguimento para un comportamento cívico dos veciños e incidiu na necesidade de campañas de concienciación.

Leticia Valladares, Responsable de Verquidos de Augas de Galicia, deunos a coñecer as campañas de concienciación que este organismo leva adiante de maneira puntual e os vieiros de comunicación para solventar as múltiples incidencias de verquidos que poden xurdir ao longo do ano.

Verónica Campos, Asesora de Medio ambiente no Concello da Coruña informounos das xestións e procedementos para a conservación e mellora do medio ambiente na cidade seguindo pautas de sutentabilidade e facilitou a previsión arrepiante de que esperan que na noite de San Xoan, coa marea alta escorada ás cinco da mañán, unhas 180 toneladas de lixo plástico irán directamente ao mar ( apartires de aquí, dentro e fora de Square, tormenta de ideas para resolver aa hecatombe que nos ven enriba).

Entre o público, asociacións de veciños e a presidenta da federación. Participaron no coloquio, aportaron ideas para sensibilizar aos veciños dende as bases, dende os colexios, dende os centros cívicos.

A idea última desta charla-coloquio fúmola diseñando ao remate das conversas, fora xa do tempo concedido: Acordamos con Leticia Valladares seguir en contacto para ver de arrancar, no último cuatrimestre do ano, unha campaña conxunta de Mar de Fábula con Augas de Galcia, para informar e sensibilizar á cidadanía galega sobre a contaminación específica que ven dos W.C., maltratando o medio mariño e atascando redes de saneamento.

Entrada publicada: 12/08/2017

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información