Blog

" A modo de brincadeira " Artigo publicado por Que Pasa na Costa. 14/07/2017

 

16 Setembro 2013 A modo de brincadeira ( ou non )

 

A qué veñen esas sonrisiñas irónicas que esbozades cando me escoitades falar das miñas criaturas caóticas ? Seguro que pensades que estou tolo, Hale ! Xa ven ahí outra vez

ese vello trastornado que non ten outra cousa que facer que decir chorradas !!

Criaturas caóticas … menudo rollo ! Qué si un volcán no fondo da mar, que si un remuiño xigante que fabrica cos plásticos animáis novos con articulacións sin norma lóxica...… Qué tontería !! Qué snob de tío que quere inventar novas especies, fillas do caos...... criaturas caóticas …??? Este tipo esta judido da cabessa !!!!

Sodes uns incrédulos !! Sodes xente de pouca fe que non vedes máis aló da vosa realidade material. Non sabedes o que está a pasar co plástico. Para vos o plástico é tomar un delicioso iogur de “frutas del bosque”, tapar cunha lámina de polipropileno os vosos delicados manxares que gardades no frigo para o día seguinte ou levar auga nunha botella de polietileno cando ides a rozar ó monte baixo a mesta protección das carballeiras... Qué ilusos !! Mentecatos !! Os animáis de plástico vos expulsarán da terra e caeredes todos á mar coma as vacas polos acantilados na historia irlandesa de “O Prado”.

 

Cada vez maís vaise impoñendo a tesis científica de que a fina fronteira entre os términos antónimos “sintético” e “natural” difumínase e desaparece na realidade que estamos a vivir. Todo é química, incluso a auga, incluso nos, incluso o plástico, igual que todas as criaturas vivas grandes ou pequenas, todas teñen na sua composición carbono e polo tanto son “orgánicas”. Hai pensadores que consideran que a única diferencia siñificativa entre o “ sintético” e o “natural” é máis filosófica que química. Por exempro, un corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) pode simbolizar para nos a elegancia surcando o ar ( polo seu vó rasante estremecendo as ondas ) ou pode representar o misterio ( pola sua postura enigmática de ás abertas sobre as rochas ). Un pato doméstico co seu andar gracioso abaneando o cú pódenos facer sonreir. . Pero o pato e o corvo mariño existen fora do siñificado co que nos lles encasillamos. Un corvo mariño non é elegante por definición nin é un paxaro misterioso. O pato non é realmente un paiaso nacido para nos facer sonreir. Móvese desa maneira que semella tan graciosa porque ten evolucionado para se mergullar e nadar con soltura. A un animal de plástico, a un xoguete de plástico non lle atribuímos característica algunha porque é un producto fabricado por nos. O animal de plástico reflexa unha ideia nosa. É o inmaterial feito material. É o subxetivo feito obxetivo. É unha fantasía producto do I máis D.

 

…. Xa o están a recoñecer voces autorizadas.... Os animáis de plástico, coma seres orgánicos que son, cumplen a condición básica para ser organismos vivos. Só lles fai falta moverse e emitir sonidos ( tamén poden ser mudos). Só lles facía falta o hálito vital, ese estoupido de enerxia primixenia que foi o resorte hai millóns de anos.

Está probado o que vos conto. Hai uns poucos anos estoupou un volcán xigantesco na máis grande fosa do Pacífico Sur. Todo-los plásticos empezaron a dar voltas no seo dun remuiño mounstruoso. Un novo caos. Unha segunda creación. Un novo mundo, orgánico tamén, pero esta vez de plástico.

Os meus colegas pichicomas do Pacífico xa me informaron que son tantos os animáis caóticos que subiron a terra firme na península de California que botaron unha chea de xente ó mar. Non cabían alí. As últimas noticias é que van todos en ringleira camiño da Casa Branca porque queren tamén botar a Obama ó mar.

Andádevos con ollo !! Xa vedes que non son un tolo. A cousa é certa e o que avisa non é traidor. Por aquí, polos coídos de Camelle e Arou, xa apareceron uns cantos artrópodos, todos, todos eles caóticos. Coma todos nos.

Aburiño

Eu.

Entrada publicada: 12/08/2017

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información