Blog

Limpeza da praia do Portiño, A Coruña. 2/07/2017

2/07/2017

 

Limpeza da praia do Portiño. O día despois.

 

De novo fixemos unha expedición ao patio de atrás do litoral da cidade da Coruña.

Non éramos moitos. Éramos oito. Se cadra, o sopor dunha tarde de sol inhibiu as boas intencións.

Non importa. Os que ali estiveron apañaron unha boa colleita.de lixo plástico :18 bolsas de 30 litros con refugallo miudo e un novo record no seguimento que estamos a facer, dende hai moitos meses, dese contaminante testigo e repulsivo que baixa todo contento dos W.C.

Estamos a falar dos bastonciños de algodón. En dúas horas de traballo, cada un dos oito participantes, facendo a súa contabilidade, sumamos en total 642 unidades.

Esta cantidade, nunha minipraia de 20 metros de lonxitude, da un promedio de 32 bastonciños de algodón por metro lineal !!!

Un triste record xunto cos que apañamos no 23 de abril na praia de Bens.

Haberá que se preguntar o porqué.

 

 

Entrada publicada: 12/08/2017

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información