Blog

Exposición conxunta Alibaba e Mar de Fábula na Coruña. Abril 2017

Abril 2017

Exposición artística conxunta ALI VAVA & MAR DE FÁBULA

 

( “Surfeamos nas ondas dunha sociedade líquida, sempre cambiante, incerta, cada vez máis imprevisible, marcada polo carácter transitorio e volátil das relacións humanas” )

Zygmunt Bauman.

 

AS CARAS DA CONTAMINACIÓN MENTAL

A contaminación que sofren os océanos polos verquidos incontrolados e pola presencia masiva de lixo plástico en todos os mares, non deixa de ser o síntoma doutra grave contaminación, paralela á anterior na súa intensidade e que afecta á sociedade moderna.

Estar sempre distraído, entretido, pasalo sempre ben, ser feliz as vintecatro horas, fuxir da dor, fuxir dos problemas (...ése é o teu problema....), comprar, consumir, exhibirse... son refugallos de lixo mental que contaminan a nosa vida social da mesma maneira que os refugallos plásticos contaminan o mar.

Na sociedade actual, a tristura está prohibida, os problemas non existen e o consolo externalízase cun abano de psicólogos e psiquiatras. Todo menos complicarse a vida con aquelo que impede o disfrute arreo de tanto trebello moderno que a exhuberancia tecnolóxica de obsolecencia programada pon á nosa disposición, convencéndonos que vivimos no mellor dos mundos.

E quen contamina os dous espazos, o mar e as nosas mentes, é sempre o mesmo. É o sistema no que vivimos e que necesita facer de nós, facer do mar, un sumidoiro de lixo para que a festa consumista non pare. O sistema ten os seus mecanismos ben engraxados, cunha industria da publicidade artellada ao milímetro, lanzando a cotío mensaxes á sociedade para que sexamos sempre felices, simplemente, comprando.

A sociedade actual, máquina de búsqueda, consumo e comptencia feroz, estimula o individualismo e maltrata os territorios comúns. E o máis grande e valioso dos nosos territorios comúns é o mar e os seus dominios.

E así, dende os vertedoiros na terra firme, polas alcantarillas, polos ríos, polas redes de saneamento, polas redes sociais, polos alviadeiros na costa ou directamente dende as praias na tempada estival....... millóns e millóns de neuronas contaminadas e mesturadas con toda sorte de detritos e decepcións, chegan ao mar e deposítanse no fondo dos océanos, lastradas polas imaxes e palabras vomitadas dende as pantallas dixitais e as tarifas planas.

E alí, nos abismos, a centos de séculos de profundidade, nun mundo eternamente descoñecido, as forzas do Caos entran de novo en xogo recompoñendo ao azar as conexións neuronais, xa moi degradadas e rotas, dando lugar a novas composicións, anticipo do que un día todo poderá acontecer. Novos rostros, caras tóxicas e mounstruosas que, a medida que saen do forno helado dos abismos, soben á superficie, e fican aboiando á deriva. Imaxes deformadas do que nun día fumos, refrexadas no espello roto das ondas.

Son as máscaras, as caras da contaminación mental, o reverso das nosas antigas identidades.

Todas elas teñen coma unha expresión de interrogante, de desconcerto. Saben que non deberan de existir. Son as máscaras dun entroido exhibicionista onde todo se mostra, todo se vende, e todo se consume, deixando no mar a súa tráxica pegada.

 

Series DORIAN GRAY.

A sociedade actual, é Dorian Gray. Todos somos Dorian Gray.

Lord Henry Wotton é o sistema corruptor..

A vanidade, a banalidade, o individualismo, a insolidaridade, a falla de valores éticos da sociedade de consumo, son representados na súa degradación extrema, na serie CORRUPTION.

O sete pecados capitais concentrados a nivel de tribu.

Entrada publicada: 12/08/2017

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información