Blog

Escalas de cruceiros no porto de Brens. Qué facer.

 

19 abril 2017

Escala de cruceiros no porto de Brens. Qué facer.

 

Respondendo á pregunta que a redacción de QPC lanza ao aire sobre qué facer na comarca para ofrecer unha boa ruta aos pasaxeiros que veñen nestos buques, aquí vai unha proposta::

Porqué non organizar visitas guiadas a vilas históricas tan importantes como Muros e Noia ?.

Escasamente a unha hora dende Cee, o autobús situaría a grupos de turístas que poderían disfrutar dun tempo de lecer, sempre para lembrar, en calqueira destas dúas vilas medievais da nosa costa. Muros co seu encanto de soportais e rúas estreitas e forte atractivo gastronómico. E Noia, co seu núcleo urbano declarado conxunto histórico polos seus edificios de estilo barroco e dun gótico enxebre. Porqué esta teima de meter a todos os turistas en autobuses e levalos sempre en peregrinación a Santiago É que toda Galicia remata só na praza do Obradoiro ?

E porqué non chegar en 20 minutos de autobus á vila de Fisterra coa súa lenda de fin do mundo, co seu emblemático Faro e o seu Museo da Pesca ?. Seguro que moitos pasaxeiros apuntaríanse a esta curta viaxe. Os nosos veciños portugueses mostran ,orgullosos, os seus museos da pesca en cada unha das súas vilas mariñeiras. Porqué nós non ? Trátase, en definitiva, de facer unha boa xestión turística en coordinación coas navieiras e poñer en valor aquelo que temos cerca. Non fai falla saír sempre correndo.

E se queremos peregrinación, porqué non dirixir os autobuses tamén de cara a Camelle ? Nun desplazamento duns 40 minutos en autobús, os viaxeiros chegarían a un mundo diferente. Poderían disfrutar dunha experiencia única. Coñecer o mundo de Man. Un home como non houbo outro en todo o Hemisferio Norte. Un home que viviu durante 40 anos en absoluta fusión coa natureza. Man, un intelectual, un pensador cunha obra escrita aínda pendente de analizar e cunha obra artística, hoxe ben ordenada e catalogada, na Casa da Cultura que leva o seu nome.

E falo de peregrinación ao verdadeiro Museo de Man, no espigón de Camelle. Ese lugar que nun día foi un xardín de encantamento, un lugar de creación artística e espiritual e hoxe, cada día un pouco máis no seu abandono, vaise mergullando no mar. Un lugar de reflexión e recollemento tan importante ao meu ver, como o Camiño de Santiago e a súa catedral que, a fin de contas foi obra de moitos homes. A restauración do Museo de Man debera ser un obxectivo da Xunta de Galicia ou do Estado Español e ser declarado Patrimonio da Humanidade .polos valores que a súa figura histórica transmite.

Non temos por que dar por suposto que todos os turistas que veñen nestos cruceiros só pensan en comer, gastar e estar todo o día bailando É posible que unha parte deles saberían apreciar tamén unha experiencia diferente dentro da súa viaxe polos mares.

Xosé Manuel Barros

Entrada publicada: 12/08/2017

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información