Blog

En contra do proxecto de desguazar barcos en Brens. Artigo para Que Pasa n Costa

Abril 2017

Proxecto de desguace de barcos no porto de Brens.

 

Despois da lectura dun artigo da Voz de Galicia do 4 do cte, onde se fala de desguazar barcos no porto de Brens dispáranse todas as alarmas.

Pero que é o que pretenden ? Levar unha industria en extremo sucia e perigosa ao fondo da ría de Cee e Corcubión ?

É acaso compatible co coidado e conservación do medio ambiente unha actividade destas características, a ceo aberto co pó e o cheiro do fuel contaminando a atmósfera ? É que temos xa esquecido a malfadada celulosa de Pontevedra que envelenou durante décadas o aire que respirábamos naquela fermosa ría ?.

E qué decir de materiais coma asbestos e chumbo que entran na construcción dos buques ? E os potenciais verquidos de aceites e produtos tóxicos á ría?

Ao ler esta noticia de camiño visualizamos o desguaze de buques en países como na India ou Bangladesh, onde milleiros de homes, coma formigas, en condicións de salubridade ínfimas, cortan anaco a anaco xigantes de aceiro de millóns de toneladas para o enriquecimento dun feixe de privilexiados explotadores. Non hai dúbida que, de ir adiante este proxecto, as nosas autoridades non permitirían unhas condicións tan tercer mundistas pero, o que deben de facer as nosas autoridades é precisamente non permitir unha instalación industrial desas características, absolutamente incompatible coa posta en valor dos nosos recursos naturais e da riqueza ambiental e paisaxística da nosa costa.

Hai un certo tempo publicábase a intención de Portos de Galicia de potenciar o porto de Brens como receptor de buques de cruceiros e, de feito, varios deles fixeron escala neste porto. Ésta sí é unha industria convinte para a aquela zona, unha industria turística respetuosa en ben xestionada onde os pasaxeiros contemplen extasiados e cheos de encanto, o Cabo Fisterra e a súa contorna a medida que o buque adéntrase ou sae da ría. De poñernos a desguazar barcos no mesmo porto onde pretendemos que atraquen cruceiros, apaga e vámonos. As dúas cousas son absolutamente incompatibles e sábemolo ben da nosa experiencia no porto da Coruña onde a Cunard Line, aló polo ano 1981, cancelou a escala inaugural do seu buque insignia, o “Queen Elizabeth 2” no porto da Coruña por estar ocupado o peirao de San Diego polas descargas de chatarra.

Non entenderíamos que se puidera dar luz verde a unha iniciativa destas características. Sería como facernos retroceder varias décadas na loita da sociedade galega, cada vez máis sensibilizada na defensa e conservación da nosa natureza.

Xosé Manuel Barros

Mar de Fábula  

Entrada publicada: 12/08/2017

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información