Blog

A fábula das criaturas caóticas

 

A FÁBULA DAS CRIATURAS CAÓTICAS...............

 

Esta fábula ten a súa orixe baixo as tranquilas augas da zona de Converxencia Subtropical do Atlántico Norte. Baixo a cálida tona do Mar dos Arghassos, un xigantesco remuiño de refugallos plásticos está a xirar e xirar, co seu vórtice situado na boca dun grande e ardente volcán, localizado na sima de Castletown, a centos de séculos de profundidade...............

 

Dentro do corpo deste inmenso remuíño, os refugallo plásticos espállanse, mestos, dentro dun ci´rculo de milleiros de kms, flotando todo ao longo da altura da columna de auga coma pó flotando no ár.

 

…... Estos anacos de plástico, cada vez máis pequenos, colisionan uns con outros, combínanse uns con outros, nunha atmósfera líquida de confusión e degradación mecánica........

 

…..... De vagar, cada un destos anacos de plástico recoñece a afinidade química dos outros e xúntase con eles, mestúrase con eles, fúndense entre eles, formando unha masa plástica que da lugar a novas formas, novos corpos, novos seres fantásticos nunca ollados antes. Son fillas do CAOS que reinos no fondo dos océanos, estrañas criaturas caóticas, tímidas, inseguras, cos ollos abraiados ao ver o que lles está a pasar, ao ver o que acontece na súa contorna.

 

….......Son animáis de plástico con multitude de cores e de patas …... arañas, formigas, vermes, cempés, libeliñas, volvoretas , tartarugas, serpes, moscas, mosquitos, paxaros.......unha nova segunda creación que está xurdir do fondo do mar, silenciosas novas criaturas que, incorporándose á Corrente do Golfo, están a invadir as praias, os coídos, os acantilados de toda a costa occidental de Europa...............

 

…..................

 

Eiquí vemos como están invadindo as costas de Camelle...................

 

Teño noticia de outros colegas, de outros Beachcombers de que están tamén a chegar ás costas de Irlanda, do Reino Unido..... incluso aos Fiordos Noruegos....................

Entrada publicada: 12/08/2017

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información