Blog

3ª Limpeza da zona marisqueira da Basa. O día despois. 20/05/2017

20/05/2017

3ª Limpeza da zona marisqueira da Basa. O día despois.

 

Nunha mañá de sol acolledor e como era de esparar considerando as características dos participantes, vivimos onte unha xornada de emoción e traballo compartido cun enorme resultado práctico :

Toda a contorna da zona marisqueira da Basa, quedou limpa, sen lixo mariño, .relucinte, coma de estrea, coma no comenzo dos tempos.

En total 82 partcipantes. Un núcleo duro de 15 mariscadoras coa súa presidenta e patroa maior ao frente e unha ducia de voluntarios, entre eles, sempre defendendo o patrimonio natural do seu concello, o alcalde de Camariñas e unha parte da súa equipa de goberno.

A mensaxe de responsabilidade e coherencia que a Agrupación de Mariscadoras de Camariñas está a lanzar á sociedade vai tendo cada vez máis eco. Neste caso chegou á capital de Galicia. Na limpeza de onte puidemos contar coa colaboración especial do colexio San José de Cluny de Santiago de Compostela , con 55 expedicionarios entre nenos de diferentes edades, familiares e profesores, e tamén coa súa directora ao frente.

Foron 2 horas recollendo plásticos grandes e pequenos, indo incluso ao detalle do miudo, en 6 zonas de acceso á contorna do banco marisqueiro, aprox. 2.000 metros ao longo da Enseada da Basa.

O resultado foi o seguinte:

132 sacos de 60 litros, cheos de refugallo plástico máis varios m3 de granel..

Todo quedou ben estibado, en 3 depósitos na ribeira, á espera dos servicios loxísticos do concello para o seu traslado aos contenedores de Arou. Alí o lixo será separado e clasificado para a súa reutilización directa, artística e artesanal, reciclaxe industrial e, por último, a fracción máis degradada, á súa eliminación segura.

Ao remate do traballo, mentras repoñíamos forzas nun ágape fraternal, tivemos portunidade de intercambiar impresións e fixar unha estratexia de futura colaboración entre o colexio San José de Cluny e Mar de Fábula.

Pola tarde, como bon anfitrión, o concello organizou para os voluntarios de Cluny dúas actividades de turismo cultural: Unha visita guiada ao faro do Cabo Vilán e unha viaxe de inmersión emocional ao Mundo de Man, en Camelle.

Púxose fin así a unha xornada emotiva, de confluencia de ideas, de fonda empatía, de proxectos a compartir para o coidado e conservación da nos Casa Común.

 

Entrada publicada: 12/08/2017

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información