Blog

Resultado limpeza selectiva paria de Barrañán 21/02/2016

  O MOMENTO DESPOIS

Foi unha boa man a que lle botamos á mar esta mañán, na praia de Barrañán.

Entre os dous grupos que formamos, un máis numeroso entrando polo sur da praia, e outro máis pequeno polo norte ( porque a priori había menos lixo) xuntamos 6 sacos ben cheos de residuos plásticos misceláneos e moito, moito refugallo miudo. Ademáis, contabilizados a parte, 357 bastonciños de algodón.

O peso total foi de 78,5 kgs dos sacos + 21 kgs de madeira procesada e 1 pallet, .segundo a balanza romana que trouxemos para este cometido.

Agora temos por diante un tempo para sumar e ordenar os datos recollidos nos formularios, que con paciencia e seriedade cada un dos participantes foi transmitindo e foise anotando.

Nun par de días confiamos ter toda a información ordenada e clasificada por fraccións para ser remitida a Madrid, para a súa integración e estudo, dentro do proxecto Marnoba, a nivel de todo o Estado Español.

Esta nota, un tanto apresurada, é simplemente para agradecer a todos os participantes a súa boa disposición e a súa actitude tan positiva nesta recollida selectiva de lixo, sempre máis complicada que unha limpeza normal. Incluso o sol quixo colaborar saíndo a saudarnos a útima hora da mañán, dunha mañán espléndida, cunha forte música de fondo e unha paisaxe fermosa que sempre é un pracer contemplar.

Graciñas a todos pola vosa boa colaboración.

Xosé Manuel Barros

Mar de Fábula

 

Entrada publicada: 17/10/2016

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información