Blog

OS TRES PROBLEMAS DA CONTAMINACIÓN AMBIENTAL

 

Os tres problemas da contaminación ambiental

 

O principal problema da contaminación ambiental é a contaminación mental.

Como resultado do sistema no que vivimos, cada un de nós está ao seu. Limpamos e conservamos o noso e deixamos de lado o que é de todos, coa conseguinte suciedade e degradación dos nosos espazos comúns.

O segundo problema é a falla de estruturas loxísticas axeitadas aos procesos de recollida, separación, reciclaxe e reutilización das cousas que tiramos. Compre pasar da economía lineal

do coller-fabricar-tirar á economía circular

O terceiro é un problema de diseño industrial. Sempre que técnicamente sexa posible, compre sustituir os plásticos por produtos biodegradables porque, por exemplo, os ingredientes de plástico dos produtos de cosmética nunca poderán ser reciclados ou reutilizados. Unha boa cousa ten sido a recente decisíon da multinacional Johnson&Johnson de sustituir o plástico por cartón na fabricación dos seu bastonciños de algodón.

Entrada publicada: 17/10/2016

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información