Blog

Limpeza selectiva de lixo mariño na praia de Barrañán. 21/02/2016

 

 

Limpeza selectiva de lixo mariño na praia de Barrañán. 21/02/2016

 

Na asociación Mar de Fábula estamos convencidos de que a maneira máis efectiva de loitar contra a contaminación do lixo plástico no mar é utilizar as ferramentas do coñecimento e do traballo manual.

Coa primeira, queremos atallar as fontes de contaminación na súa orixe.

Coa segunda, temos que seguir limpando o mar.

Para acadar estos obxectivos, queremos facer a nosa parte colaborando nun gran proxecto de conservación e limpeza do litoral a nivel de España e de Europa.

A asociación Mar de Fábula fai un chamamento a todas as persoas dispostas a participar na recollida selectiva de lixo mariño na praia de Barrañán o próximo domingo día 21 do cte. ás 1100 horas.

Por segundo ano consecutivo no mes de febreiro e na praia piloto de Barrañán, a nosa asociación vai colaborar na recollida e caracterización dos diferentes compoñentes do lixo mariño seguindo un protocolo de identificación estandarizado a nivel europeo, a fin de coñecer máis polo miudo non só a tipoloxía dos contaminantes se non tamén a súa orixe e vías de transporte e depósito nas praias.

Da información recollida e procesada, os diferentes organismos públicos xestores do medio mariño, teñen como obxectivo conseguir datos válidos para a implementación de políticas de protección e xestión que permitan acadar, dentro da Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña da UE, un Bon Estado Ambiental (GES) das costas e mares de Europa para o ano 2020.

Día da limpeza: Domingo, 21 febreiro.

Hora de encontro: 1100 horas.

Lugar de encontro: Aparcamento central da praia.

Tempo de limpeza: Máx. 2 horas.

Tlfno. contacto: 608609042

 

 

 

 

 

Entrada publicada: 17/10/2016

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información