Blog

(21/07/2016) Encontro Galego Arredor do Lixo Mariño e das Crebas. Ponencia de Mar de Fábula.

ENCONTRO GALEGO ARREDOR DO LIXO MARIÑO E DAS CREBAS

== Os mariñeiros galegos do GRAN SOL chámanlle ao mar O PAÑOL GRANDE. As súas portas sempre abertas, acollen sen reparos, todas as cousas que usamos e tiramos ==

Na asociación Mar de Fábula levamos tres anos organizando limpezas nos areais e coídos da Costa da Morte, e da nosa experiencia, sabemos que :....

Para ter unha boa colleita de refugallos plásticos, os días de temporal non son os máis favorables, tampouco os días de calma tropical. O mellor momento é xusto despois dos temporais, cando a mar, exhausta, descansa a súa pel e respira coma un neno.

Entón, as grandes comportas do PAÑOL GRANDE, rebentadas por unha tromba de detritus e decepción, depositan na ribeira restos de naufraxios, botellas de vidro sen mensaxes, estachas de todos os tamaños, madeiros que apuntan formas, caixas de plástico, botellas de plástico, bidóns de plástico, tuberías de plástico..... millóns de anacos de plástico en todas as súas fases de degradación ........ e tamén anacos de redes, cabos, aparellos de pesca, nasas, flotadores, boias, defensas e sempre, sempre chicotes de moitas cores, asomando as súas puntas por riba da area ou entre a selva murcha dos arghassos, unhas veces contaminados e outras relucintes, coma de estrea, como vagalumes diurnos lavadiños pola mar......... e tamén latas, porexpan, espumas, trapos, neumáticos, chanclas, lubas e botas de goma infortunadamente desaparelladas........

.Toda unha masa infame de lixo que o mar nos devolve cando quere ou cando pode, e que tardará centos de anos en descompoñerse, pasando por esa fase semi-terminal dos microplásticos, cada vez máis frecuentes nas liñas de mareas das nosas praias.

Cál é a orixe de todo este lixo mariño ??

A nivel mundial considérase que un 80% do lixo que chega ao mar ten a súa orixe na terra firme, onde máis da mitade da poboación amoréase nas ribeiras, e o 20% restante procede das actividades industriais no mesmo océano.

No mar que baña as costas de Galicia é máis que probable que este reparto non sexa o correcto e que a porcentaxe con orixe no mar veña sendo moito máis alta. Que chegue,por exemplo, 50 -50% como ocurre no Mar do Norte.

A intensa actividade pesqueira nas nosas costas por suposto que é responsable do meirande volume de lixo que está no mar pero o litoral de Galicia soporta un problema engadido por ser unha das zonas de recalada máis importantes da navegación marítima a nivel internacional. Disto da boa conta o Corredor Marítimo de Fisterra polo que navegan, rumbo norte e sur, uns 40.000 barcos ao ano.

Eu quero chamar a atención sobre este enorme tráfico marítimo de carga e pasaxe como fonte dunha contaminación da que non se fala, pero que ten a súa influencia certa na chegada de residuos sólidos ás nosas praias.

Por un simple cálculo de probabilidades, pode ocurrir que un tripulante, adrede ou por accidente, deixe caer lixo sólido pola borda mentras o buque navega polo Corredor de Fisterra e si este lixo flota, é probable que pola acción dos ventos e as correntes mariñas, poda chegar á nosa costa.

Nos meus percorridos pola ribeira ao longo destos anos, teño atopado, toda-las veces que vou polas areas de Reira, Traba, Soesto e Baldaio, envases de plástico e metálicos, rotulados con caracteres asiáticos , con máis frecuencia, pero tamén en árabe, ruso e turco e tamén en inglés. A pesares desta sociedade globalizada e hiperconectada onde todos consumimos o mesmo en todas partes, está claro que este lixo sólido non ten a súa orixe na terra firme nen nos barcos de pesca galegos. Este lixo, coas súas rotulacións exóticas, ten a súa orixe no tráfico marítimo internacional que discurre tan só a 21,7 millas de nós.

Pero sosteño tamén que no sector profesional dos buques de carga, por moito convenio MARPOL Anexo V que exista, sempre haberá homes que, nas súas duras circunstancias, síntense maltratados polo mar e transforman a súa tristura e frustración e menosprezo por ese mundo de auga que lles priva do que máis queren, facendo caso omiso de calqueira norma ou instrucción do mando do buque...... E o simple e furtivo acto de deixar caer unha botella de plástico pola borda ou guindar ao mar unha chea de bidóns valeiros, pode ter lugar no medio do océano ou tamén no anaco de tempo que lle leva ao barco pasar, por diante de nós, ao longo do Corredor Marítimo de Fisterra.

Eu xa propuxen hai tempo e manteño a proposta de comunicarnos entre nós, os que andamos pola ribeira, deste tipo de achados para facer unha base de datos e tirar posibles conclusións...

Tamén quero facer referencia aos cruceiros, esa sorte de mega-buques-centros comerciais flotantes, cada vez máis numerosos e máis grandes, con milleiros de turistas a bordo transportados por todos os mares e que tamén pasan por diante de nós, e tamén botan lixo sólido ao mar, sen deixar de mencionar a contaminación orgánica producida por estas colmeas flotantes, polo libre bombeo das súas augas negras, sen tratar, directamente ao mar, sempre que sexa máis aló de 12 millas náuticas, segundo lles permite o Convenio MARPOL anexo IV.

Cál é a causa do lixo mariño ??.

A primeira e principal causa da contaminación do mar é a contaminación mental.

Como resultado do sistema no que vivimos, cada un de nós está ao seu. Limpamos e conservamos o noso e deixamos de lado o que é de todos, coa conseguinte suciedade e degradación dos espazos comúns...... E o máis grande e valioso dos nosos espazos comúns é o mar e o ecosistema mariño, é o mar e os seus dominios.

Temos que deixar atrás a mentalidade individualista de que eu son feliz na miña casa, no meu xardín ou na miña leira e os demáis que arreen.... O noso benestar depende cada vez máis das accións dos demáis. O mar é de todos nós. Compre cambiar a mentalidade do mar como PAÑOL GRANDE polo concepto do mar como CASA COMÚN. A súa conservación para o noso benestar físico, síquico e económico, está nas nosas máns.

Cómo actuar, cál é a solución ??

Por moitos discursos que se fagan a nivel mundial, coma os da Conferencia do Clima de Paris de finais do ano pasado, nada será atinxido se nós, os cidadáns de a pé, non asumimos unha postura activa na defensa e conservación da natureza, porque as casas constrúense polos alicerces, non polos tellados.

Temos que traer de volta o lixo que temos botado ao mar pero.... se non deixamos de contaminalo, a tarefa será tan inútil como poñernos a sacar area do deserto......

A Unión Europea, na súa Directiva de Estratexia Marco para o Medio Mariño, de cara a conseguir un Bon Estado Ambiental (GES) a nivel europeo para o ano 2020, no anexo I, Descriptor 10, relativo ao lixo mariño mañifesta que... “ limpar os océanos é unha opción sen embargo, non é o método máis eficiente para retirar e prevenir o lixo mariño. A mellor solución é atallar as fontes de contaminación na súa orixe..”..

Neste párrafo da directiva europea radica a clave para a resolución do problema.

Temos que traballar nos procesos de información e conciención ambiental en colaboración coas diferentes administraccións, con outros colectivos e cos Grupos de Interés da sociedade para evitar que o lixo chegue ao mar.

Dende a a asociación Mar de Fábula propoñemos tomar unha iniciativa que sería pioneira no noso país, e que nos permitiría dar un paso de xigante na dirección correcta.

A nosa asociación comenzou o pasado día 5 de xuño, Día Mundial do Medioambiente, unha campaña pública de información e concienciación cidadán que ten por título :

“A TÚA CASA NON QUEDA TAN LONXE DO MAR”.

O seu obxectivo é informar e concienciar sobre a necesidade de atallar un perigoso contaminante do medio mariño que chega ás nosas praias por ducias, por centos ou por milleiros segundo sexa a situación xeográfica da praia con respecto ás poboacións.

Estamos a falar dos bastonciños de algodón, un dos principais contaminantes do medio mariño a nivel mundial.

O pano de fondo desta campaña son os datos obtidos pola asociación Mar de Fábula na monitorización sistemática, durante nove meses, de catro praias piloto da Área Metropolitana da Coruña con mostraxes aleatorias en outras praias da Costa da Morte. Durante este proceso e seguindo un protocolo de actuación que nos permite falar de mínimos, foron recollidos 16.327 bastonciños de algodón. ( os que están aquí, neste cesto).

Os bastonciños de algodón actúan nas nosas praias como testigos dunha perigosa contaminación ambiental no medio mariño, aquela que procede do mal-hábito dunha parte da poboación de eliminar os produtos hixiénico-sanitarios polos retretes. . Estos refugallos plásticos son os máis numerosos con esta orixe pero non viaxan sós. Aparecen tamén nas praias aplicadores de tampax, toalliñas, cueiros, cabichas, etc.etc. etc. ( un ecétera longo....) Estos produtos, eliminados polos retretes en millóns de toneladas a escada mundial, producen con frecuencia atascos nas redes de saneamento das poboacións, xenerando costes millonarios.

Cando chegan ás depuradoras no fluxo das augas residuais, moitos dos bastonciños de algodón pasan polos filtros destas instalacións debido ao seu pequeno diámetro pero o meirande volume chega ao mar polos aliviadeiros cando o sistema desborda por chuvias intensas ou atascos nas redes de saneamento. Unha vez flotando no mar, pola acción dos ventos e as correntes mariñas, deposítanse ao longo das liñas de marea, moitos deles aghochados entre os arghassos.....

Dunha botella de plástico na beiramar non sabemos a súa orixe pero desta específica contaminación ambiental sí sabemos a súa orixe certa: os cuartos de baño dos cidadáns.

Compre informar e sensibilizar á cidadanía que, só con introducir un pequeno cambio nos seus costumes no cuartos de baño resolveríamos este grave problema ambiental. A mensaxe é clara. Non eliminar os produtos de hixiene íntima polo retrete senón depositalos no contenedor do lixo inorgánico que todos temos nas nosas casas.

Esta simple medida, ademáis de eliminar esta desagradable contaminación nas nosas praias e aforrar costes de manteñimento nos concellos, marcaría un despertar na concienciación individual e colectiva de cara a asumir cada un de nós a nosa cota de responsabilidade na limpeza e conservación do mar e do noso patrimonio natural.

Esta simple decisión, de ser asumida por unha parte sensible da cidadanía, tería un resultado práctico moito máis grande que todos os discursos da Conferencia do Clima de Paris.

Entrada publicada: 17/10/2016

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información