Blog

15/03/2016 1º ENCONTRO MUNDIAL ENTRE HUMANOS E CRIATURAS CAÓTICAS

 

1º ENCONTRO MUNDIAL ENTRE HUMANOS E ANIMAIS DE PLÁSTICO

Onte, 15 de marzo do 2016, na área recreativa do Ariño, á beira da ría de Camariñas, tiveron lugar unhas xornadas técnico-divulgativas sobre o coidado e conservación da nosa natureza na súas vertentes dos bosques e do mar. Como actores principais participou unha representación de diferentes cursos de alumnos do CEIP O Areal de Camariñas.

Dentro destas xornadas e respondendo ao interés e demanda dos alumnos, un nutrido grupo de criaturas caóticas saíron do mar e situandose prudentemente á sombra ( o sol prodúcelles queimaduras nos seus corpos de plástico) iniciaron un animado diálogo cos nenos respondendo a toda as súa preguntas: de donde viñan, como naceron, que é o que comían, si lles gustaba máis estar na terra ou no mar, porqué só viña unha libeliña e case todas eran arañas e formigas, etc. etc. etc. Incluso algunhas delas deixáronse coller pasando por todas as mans e o propio escorpión agochou o seu aguillón para non pinchar por accidente algún dos cativos.

Sentando un precedente a nivel mundial neste tipo de encontros, as criaturas caóticas, unha vez rematada a súa quenda, deron a volta e regresaron ao fondo do mar para lles contar tamén aos seus colegas as súas impresións sobre tan ruidosas, inquisitivas e ao tempo delicadas criaturas terrestres.  

Entrada publicada: 17/10/2016

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información