Blog

LIMPEZA NA PRAIA DE LAGO E NO COÍDO DA PUNTA DO CORNO, CAMARIÑAS,. Xaneiro 2016

LIMPEZA NA PRAIA DE LAGO E NO COÍDO DA PUNTO DO CORNO, CAMARIÑAS.

.Despóis de 15 días arreo de choiva e vento, a mañán de onte, sábado16 de xaneiro, foi un agasallo do inverno. O clima quixo tamén colaborar neste primeiro traballo do ano na conservación e limpeza do noso medio mariño.

Dende primeira hora, o Sol luceu espléndido no ceo, o vento non se deixóu escoitar e a mar, exhausta, descansaba a súa pel e respiraba coma un neno.....

Un decidido grupo de 23 persoas responderon ao chamamento de Mar de Fábula, para retirar da ribeira o lixo mariño que o mar devolveunos nos últimos temporais.

A elevada participación permiteunes dividir forzas para actuar ao mesmo tempo en dúas liñas da costa claramente diferenciadas: na area de Lago, na entrada da ría de Camariñas e no coído da Punta do Corno, a poucos metros do Cabo Vilán.

No primeiro grupo da praia, dando exemplo unha vez máis, o alcalde da vila cunha parte do seu equipo. Nesta area enchéronse 11 sacos con plásticos de toda caste, moito refugallo miúdo,un pallet de bon tamaño, unha maroma grande despeluxada e un aparello enorme de rede de malla fina que estaba chantada nas rochas.

No segundo grupo, no coído da Punta do Corno, deslumbrados polo océano e traballando baixo o ollo vixiante do Faro, enchéronse 21 sacos con botellas de plástico, envases industriais, boias, anacos de plásticos varios, espumas...... e a granel dúas estachas, unha pesada defensa (dun remolcador? ), bloques de porexpan, ferros de nasas...

En total máis de 300 kgs. de lixo mariño que xa nunca volverá ao mar.

A partires de mañán luns, contando coa colaboración loxística do Concello de Camariñas para o seu transporte e almacenamento provisonal, poderemos empezar coa selección dos diferentes plásticos para a súa posible reutilización artística, reciclaxe.industrial ou destrucción.

Unha vez máis, o noso agradecemento aos participantes por asumir a súa cota de reponsabilidade como veciños desta aldea global que é o planeta Terra.

Mar de Fábula

 

LIMPEZA NA PRAIA DE LAGO E NO COÍDO DA PUNTO DO CORNO, CAMARIÑAS.

.

Despóis de 15 días arreo de choiva e vento, a mañán de onte, sábado16 de xaneiro, foi un agasallo do inverno. O clima quixo tamén colaborar neste primeiro traballo do ano na conservación e limpeza do noso medio mariño.

Dende primeira hora, o Sol luceu espléndido no ceo, o vento non se deixóu escoitar e a mar, exhausta, descansaba a súa pel e respiraba coma un neno.....

Un decidido grupo de 23 persoas responderon ao chamamento de Mar de Fábula, para retirar da ribeira o lixo mariño que o mar devolveunos nos últimos temporais.

A elevada participación permiteunes dividir forzas para actuar ao mesmo tempo en dúas liñas da costa claramente diferenciadas: na area de Lago, na entrada da ría de Camariñas e no coído da Punta do Corno, a poucos metros do Cabo Vilán.

No primeiro grupo da praia, dando exemplo unha vez máis, o alcalde da vila cunha parte do seu equipo. Nesta area enchéronse 11 sacos con plásticos de toda caste, moito refugallo miúdo,un pallet de bon tamaño, unha maroma grande despeluxada e un aparello enorme de rede de malla fina que estaba chantada nas rochas.

No segundo grupo, no coído da Punta do Corno, deslumbrados polo océano e traballando baixo o ollo vixiante do Faro, enchéronse 21 sacos con botellas de plástico, envases industriais, boias, anacos de plásticos varios, espumas...... e a granel dúas estachas, unha pesada defensa (dun remolcador? ), bloques de porexpan, ferros de nasas...

En total máis de 300 kgs. de lixo mariño que xa nunca volverá ao mar.

A partires de mañán luns, contando coa colaboración loxística do Concello de Camariñas para o seu transporte e almacenamento provisonal, poderemos empezar coa selección dos diferentes plásticos para a súa posible reutilización artística, reciclaxe.industrial ou destrucción.

Unha vez máis, o noso agradecemento aos participantes por asumir a súa cota de reponsabilidade como veciños desta aldea global que é o planeta Terra.

Mar de Fábula

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entrada publicada: 16/06/2016

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información