Blog

4 Xullo 2015 - UNHA XORNADA HISTÓRICA NA ENSEADA DA BASA

O día de hoxe ficará por moito tempo na memoria de todos nós. 
Na hora do encontro, ás 10.00 horas, éramos sobre 25 persoas. Despois foron chegando máis. Ao final, fumos 35 os participantes. Máis do 50% MARISCADORAS coa súa Presidenta e a súa Patroa Maior ao frente. O resto veciños,. veciños moi destacados, e voluntarios , algúns, vidos de lonxe.
Atacóuse a limpeza por 5 frentes, ben escollidos por quén dirixiu a operación, o Responsable de mediomabiente do Concello e, en cada grupo sempre presentes as mariscadoras, animosas, participativas, orgullosas do seu, transmitindo as súas experiencias aos que víñamos de fora e sen deixar por elo de encher saco tras saco, arrancándolles os plásticos ás silvas, aos toxos, ás longas herbas.........
Despois de dúas horas e media traballando arreo, éste foi o resultado nos tres puntos de consolidación, nomes sonoros: 
O Muiño Novo …......... 23 sacos
Agramar …...................:55 sacos
O Campo do Turco........21 sacos
Total …..........................99 sacos cheos de plásticos máis un grande volume a granel de estachas, cabos, caixas, rodas, gomaespumas, poliestirenos, un televisor, etc. 
En términos xerais, moi aproximados ( resultados máis exactos saberémolos na próxima semana, unha vez a camioneta do Concello transporte os sacos ao noso lugar de selección) retiráronse 30 m3 / 800 kgs de lixo mariño que nunca máis volverá afear a contorna deste privilixiado ecosistema mariño, rico en recursos naturais, exemplo de sustentabilidade nos eidos económicos e sociais e, a partires de agora tamén, no eido medioambiental.
Ao remate do traballo, tomando algo no ROJO, comentando a experiencia, a satisfacción de todos era evidente. 
Quero expresar unha vez máis o meu agradecemento a todos os participantes nesta fermosa xornada e, en particular, ás que sen dúbida foron as protagonistas : A Agrupación de Mariscadoras de Camariñas,que coa súa disposición e iniciativa para limpar os accesos á súa fábrica, teñen transmitido á sociedade un exemplo de responsabilidade e de posta en valor dos aspectos estéticos, paisaxísticos e turísticos tamén, do seu ámbito de traballo.
Xosé Manuel Barros 
Co-fundador Mar de Fábula

Entrada publicada: 10/07/2015

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información