Blog

TRABALLO DE LIMPEZA NA ENSEADA DA BASA, XAVIÑA, CAMARIÑAS

A asociación Mar de Fábula xunto coa agrupación das mariscadoras de Camariñas e contando co soporte loxístico deste Concello, fan un chamamento a todos os voluntarios dispostos a colaborar na recuperación estética e paisaxística da enseada da Basa, o día 4 de xullo ás 10.00 horas da mañá. 

Esta rica zona de marisqueo, soporta aínda na súa contorna, fóra do alcance das mareas, unha presencia importante de lixo plástico, moito enredado na vexetación e amoreado alí polos sucesivos temporais de inverno que baten con frecuencia na nosa costa.

O colectivo das mariscadoras de Camariñas, nun exercicio de responsabilidade e de posta en valor dos recursos naturais da zona, teñen a iniciativa de tomar coidado tamén polos aspectos estéticos e paisaxísticos do seu ámbito de traballo, aumentando desta maneira a calidade ambiental de todo o fondo da ría, reforzando a súa imaxe como agrupación profesional comprometida coa defensa do medioambiente e incorporando un valor engadido ao resultado do seu esforzo cotiá.

Colaboremos con elas na defensa e conservación da nosa natureza!!

Día e hora da convocatoria : 4 de xullo, ás 10.00 horas.
Lugar de encontro : Aparcadoiro do Bar-Parrillada “O ROJO”, Xaviña, a 5 kms. da saída da Ponte do Porto dirección Camariñas.
Tempo que nos levará a limpeza: aprox. 2 horas.
Recoméndase traer botas de goma así como auga ou bebidas.
Tlfno. de contacto : 608609042

 

Entrada publicada: 26/06/2015

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información