Blog

ACTIVIDADES NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Invitados por Festival Marea Alta, Mar de Fábula chegóu esta semana á Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Foron unhas xornadas completas.
O luns día 4, Hugo Álvarez como presidente da asociación, falóu ante os alumnos dos nosos obxectivos e da nosa folla de ruta. Xosé Manuel, co soporte visual da súa obra, falóu do mal trato que lle damos ao mar e que, de seguir así, pronto as criaturas caóticas empezarán a saír do mar e invadir a terra. 
O xoves día 7, participamos no obradoiro dirixido polo amigo Luís. Qué mañán tan agradable !. Moitos alumnos e profesores tamén, deron segunda vida coas súas creacións, aos refugallos plásticos que nos devolve o mar. 
E hoxe venres día 8, foi a hora de montar a exposición da obra feita. 
Entre todos os participantes, puxemos unha pequena pero boa semente para educadores do futuro.

Entrada publicada: 15/05/2015

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información