Blog

TRABALLO DE LIMPEZA NA PRAIA DE ALBA-SABÓN

Seguindo coa frecuencia mensual de recollida e retirada dos refugallos sólidos depositados na ribeira  para evitar que volten ao mar,  a asociación Mar de Fábula, contando co soporte loxístico do Concello de Arteixo, fai un chamamento a todas as persoas dispostas a traballar na limpeza da praia de Alba-Sabón neste mes de abril, no domingo día 19,  ás 10:00 horas da mañán.

Cada traballo de limpeza na costa que Mar de Fábula está a levar adiante ten as súas características diferenciadas.  Nesta ocasión, a limpeza da area de Alba-Sabón, vainos permitir unha análise polo miudo dos refugallos que o mar deposita nun modelo de praia semiurbana, con todo tipo de servicios para os bañistas pero cunha contorna fortemente industrial. Outra importante variable a ter en conta vai ser a influencia do Porto Exterior coa súa estructura modificando as  correntes mariñas e a chegada de lixo do mar aberto.

Comenzóuse  o ano cos traballos de limpeza nos Coídos do Trece en Camariñas e no Coído de Touriñán en Muxía, lugares afastados de todo asentamento urbano e industrial.  As moreas de lixo plástico que retiramos de ambos os dous lugares tiñan, sen dúbida,  a súa  orixe exclusiva no océano. Diferente foi tamén o traballo de inverno feito na praia semiurbana de Barrañán. A súa limpeza estacional, seguindo un protocolo de identificación individualizado dos diferentes compoñentes do lixo mariño, neste caso con orixe en terra e no océano, vainos permitir colaborar cos organismos públicos xestores para o estudo e control das fontes da contaminación mariña. 

O  próximo día 19 de abril, a area de Alba-Sabón, ábrenos un novo escenario..

Día da convocatoria :  Domingo 19 abril 2015

Lugar e hora de encontro : Aparcamento da praia de Sabón ( ao pé da térmica ).

Tempo aprox. do traballo : 2/3 horas, dependendo do nº de participantes.

Recoméndase levar auga / bebidas.

Tlfno. de contacto : 608609042

 

 

Entrada publicada: 10/04/2015

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información