Blog

ANÁLISE DE DATOS OBTIDOS NA PRAIA DE BARRAÑÁN

TRABALLOS DE LIMPEZA E RECOLLIDA DE DATOS

NA PRAIA DE BARRAÑÁN.

Expoñemos a continuación unha análise resumida das crebas recollidas nesta praia o pasado domingo día 8 de febreiro:

Fracción PLÁSTICOS / POLIESTIRENO ................................... 744 (83 %)

Plásticos 511 unid. (57 %) - Poliestireno 233 anacos (26 % )

Fracción PAPEL/CARTÓN

Bricks leite ….....................................................3 (0,3 %)

Fracción MADEIRA TRABALLADA ….................................................. 30 (3 %)

Fracción METAL …............................................................................ 19 (2 %)

Latas bebida: 8 / Papel aluminio:10 / Bote pintura: 1 grande

Fracción VIDRIO …............................................................................. 18 ( 2 %)

Botellas&Tarros:17 / Tubo fluorescente: 1

Fracción RESIDUOS HIXIÉNICOS-SANITARIOS …............................ 79 ( 9 %)

Bastonciños de algodón ( % outros ?)

Fracción RESIDUOS MÉDICOS ….......................................................... 5 (0,5 %)

Envases / tubos medicamentos

Total unidades …............ 898

Total sacos ................... 7

Total peso aprox. ............. 80 Kgs.

 

OBSERVACIÓNS :

1.- Os datos recollidos son unha mostra aleatoria do lixo depositado nesta praia nun día do inverno. Nos seus compoñentes coincide, máis ou menos, cos que atopamos na inspección visual feita dez días antes pero non o volume. Había moitas máis crebas hai dez días. Qué ocurreu neste intervalo ? Ou ben, cos fortes temporais dos días previos, unha parte foi soterrada na area ou, tamén probable, volveu ao mar coas mareas.

2.- O porcentaxe da fracción Plásticos/Poliestireno está dentro do patrón normal dos plásticos na nosa costa, que doadamente supera o 90% nalgunhas zonas.

3.- A fracción Madeira Traballada non foi retirada da area por ser material biodegradable pero si foron controlados os seus anacos por ser material procesado polo home.

4.- A fracción Residuos Hixiénicos-Sanitarios levounos á discusión na cuestión da orixe dos bastonciños... son realmente de algodón ou son soportes dos chupa-chups ? A primeira opción é a máis probable. Centenares deles aparecen por esta zona. As redes de saneamento terían moito que falar. . Pode ser un fío do que tirar para apuntar solucións preventivas.

5.- Curiosidades da xornada : 1 brick de leite polaco, unha batería de burbullas con auga potable, se cadra... dun bote salvavidas ?? unha botella de vidro con caracteres asiáticos.... Todas seguramente dalgún barco do Corredor Marítimo de Fisterra. O mesmo co que pasou cos 6 bidóns baldeiros, de producto tóxico, xaponeses, cinco en Baldaio e un en Camelle, atopados no mes de decembro. Mostras claras do incumplimento do Convenio MARPOL V.

6.- No que resta do ano, faremos tres mostraxes máis na mesma praia, cubrindo así as catro estacións do ano.

 

Entrada publicada: 18/02/2015

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información