Blog

CAMBIO DE PRAIA NO TRABALLO DE LIMPEZA E RECOLLIDA DE DATOS.

O pronóstico meteorolóxico das condicións adversas de dirección e forza do vento para a mañán do próximo domingo 8 do cte., oblíganos a trasladar os traballos de limpeza e recollida de datos da praia de Baldaio á praia de Barrañán. Ésta segunda praia, pola súa orientación, menor lonxitude e máis opcións de abrigo ofrece condicións máis favorables para o seguimento, recollida e introducción dos datos de lixo a recoller na liña da marea. 
Recomendamos a todas as persoas dispostas a participar neste evento, nunha mañán soleada pero fría de inverno, veñan moi ben abrigadas. espéranse refachos de forza 22/24 nudos que poden provocar unha sensación térmica por debaixo dos cero graos.
Nova praia de traballo : Praia de Barrañán.
Lugar de encontro : Aparcamento central da praia.
Nova hora de encontro : 1100 horas.

Entrada publicada: 11/02/2015

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información