Blog

TRABALLO DE LIMPEZA E RECOLLIDA DE DATOS NA PRAIA DE BALDAIO

A asociación Mar de Fábula fai un chamamento a todas as persoas interesadas en participar nos traballos de limpeza do areal de Baldaio o próximo día 8 de febreiro, domingo, ás 10:30 horas.

O traballo de recollida e retirada do lixo mariño (90% serán plásticos), será feito seguindo un protocolo de identificación individualizada para cada un dos obxectos/anacos a retirar da area.

O obxectivo deste procedimento de limpeza polo miudo é entrar nunha análise cualitativa dos diferentes tipos de contaminantes depositados na ribeira polo xogo dos ventos, as ondas e as mareas.

Cos resultados así obtidos, poderemos fornecer unha información útil e contrastable aos organismos públicos xestores do medio mariño para o seu uso nos programas de seguimento e estudo, a nivel global, da problemática do lixo mariño.
Co uso periódico e puntual deste protocolo de xestión, a asociación Mar de Fábula quere ser coherente cos seus obxectivos: traballar pola defensa e conservación do noso mar e da nosa ribeira coas ferramentas do coñecimento e do traballo manual.

Lugar de encontro : Aparcamento diante da parte central da praia.

Día: 8 de febreiro

Hora : 10:30 horas.

Dependendo do número de participantes, calculamos 2/3 horas de traballo.

 

https://www.facebook.com/mardefabula

info@mardefabula.org

Entrada publicada: 02/02/2015

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información