Blog

LIMPEZA DE PLÁSTICOS NA PRAIA DO TRECE, CAMARIÑAS (II)

Segundo víñamos anunciando no chamamento conxunto de Mar de Fábula e PX Costa da Morte, onte pola mañá fixemos a limpeza dos coídos do TRECE, ao pé do Monte Branco. Foi un gran día. Realizamos,como pretendíamos, un acto simbólico de desagravio ao mar. No comenzo dun novo ano, nun lugar tan fermoso e emblemático como é a enseada do TRECE, ao pé da gran duna remontante do Monte Branco, un grupo decidido de persoas, asumindo esa postura activa que víñamos demandando para conservar e defender a natureza, traballaron duro para limpar o mar. Os plásticos que retiramos, nunca volverán a contaminar o mar. Deixamos co noso traballo unha boa semente naquela ribeira.. . Retiramos unha montaña de lixo, o 90% plásticos. Enchimos 60 sacos clasificados entre envases e plásticos misceláneos. En total aprox 1.200 kgs.
Participaron no traballo 36 persoas, 30 adultos e 6 nenos. Xente da zona, xente que veu da Coruña, xente que veu de Fisterra. Entre os participantes e a título particular, colaboraron 3 membros da Corporación Municipal, o propio alcalde e dous concellais. Traballaron duro. Todos traballaron duro. Durante casi 4 horas e repartidos en tres grupos para abarcar os tres coídos, os participantes recollían os plásticos, removían pesados bolos para destrincar aparellos, enchían sacos e carrexaban sacos por sendas predeterminadas á base do pinar onde, un tractor de doble tracción do Concello de Camariñas.baixará mañán luns, por un vial de saca do monte, para cargar todo o lote. Houbo coordinación e bon traballo de conxunto. O traballo fora previamente coordinado co Distrito Forestal e coa Demarcación de Costas de tal xeito que en ningún momento puidera ser alterado o espacio dunar; esta zona está dentro da Rede Natura 2000.
Sería longo de contar os máis extraños trebellos que retiramos dos coídos. Darían para montar un bon museo do lixo mariño. Algún día terémolo, cando consigamos as instalacións que pretendemos. O impacto visual, a dór que produce ser testigo de tanto mal trato ao mar causaría un efecto brutalmente pedagóxico.
Seguiremos na tarefa, virán outros traballos na ribeira, seguiremos asumindo esa postura activa na defensa e conservación do máis grande dos nosos espacios comúns, o mar. .
Nunca máis o PAÑOL GRANDE

Entrada publicada: 12/01/2015

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información