Blog

LIMPEZA DE PLÁSTICOS NA PRAIA DO TRECE, CAMARIÑAS

Neste primeiro día do ano 2015, queremos inaugurar o blog da asociación MAR DE FÁBULA, coa publicación do seguinte COMUNICADO:

Neste primeiro día dun novo ano, queremos transmitir á cidadanía a necesidade de asumir cada un de nos e sen máis demora, unha POSTURA ACTIVA  na conservación e defensa da nosa natureza, da nosa mar e da nosa ribeira.  A asociación Mar de Fábula e o colectivo ecoloxista PX da Costa da Morte, contando coa colaboración do Concello de Camariñas, fan un chamamento a todos os que desexen participar na recollida e retirada de todos os plásticos acumulados nos coídos da PRAIA DO TRECE, ao pé do MONTE BRANCO.  Queremos comenzar o ano dunha maneira diferente. Queremos facer un traballo cargado de simbolismo. Desde o desastre do Prestige, nunca se fixo unha retirada de lixo nesta zona.

Día e hora da convocatoria: Sábado, 10 de xaneiro 2015, ás 10:00 horas.

Lugar de encontro : Aparcamento do café-restaurante  "O ARIÑO", Xaviña ( a 3 kms da saída da Ponte do Porto, dirección Camariñas).

Contacto. 608609042 e nos facebooks de Mar de Fábula e PX da Costa da Morte, onde iremos actualizando a información do acto.

Calculamos que entre as marchas e o traballo a facer botaremos toda a mañá,  polo que recomendamos levar auga e bocata a todos os que queiran.

Entrada publicada: 01/01/2015

Volver
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información