Blog

Limpeza da praia de Camelle cos alumnos de infantil e primaria. 13/06/2017

13/06/2017

 

Os alumnos da escola de Camelle limpan a súa praia.

 

Dazasete cativiños entusiastas de infantil e primaria da escola de Camelle, coas súas profesoras e un membro de Mar de Fábula que vive na vila, limparon esta mañá esta acolledora praia que temos aquí, ao alcance de todos.

Daba xenio ver os nenos apañando os plásticos, correndo dunha liña de marea a outra e facendo preguntas sen parar!.

Nunha hora e media encheron 23 bolsas con plásticos de xenérico e 2 de envases, botellas de plástico e latas.

Tan importante coma a limpeza foi lección aprendida.,un paso máis. Aprenderon que limparon a praia porque os seus pais limpan tamén a casa de cada un deles e a praia é de todos nós, a praia é a natureza, a casa de todos nós.

Logo, todos formaliños, regresaron de novo á escola, en fila, dirixidos pola súas profesoras.     

Entry posted: 12/08/2017

Back
This site uses cookies to enhance the user experience. If you continue to browse consider to accept the use of cookies. OK More information